A Centinela, Goián, Tomiño
A Centinela | |
---|---|
Parroquia | Goián |
Concello | Tomiño |
Coordenadas | 41°56′57″N 8°46′01″O / 41.949144126012, -8.7670746804889 |
Poboación | 256 hab. (2022) |
[ editar datos en Wikidata ] |
A Centinela é un lugar da parroquia de Goián, no concello pontevedrés de Tomiño, na comarca do Baixo Miño.[1] Segundo o IGE,[2] en 2022 tiña 256 habitantes (119 homes e 137 mulleres).
Xeografía e historia
[editar | editar a fonte]Situado ó norte da parroquia, está preto do antigo forte das Chagas no leste, e polo oeste fronte o forte dos Medos ou do Carrillo, en Estás.
O nome procede do sentinela que vixiaba os movementos das tropas entre os dous fortes na época da independencia de Portugal. O forte das Chagas era ocupado polos portugueses, e o dos Medos polas forzas do Arcebispo de Santiago.
Nun documento do século XVII, na visita que fixo o delegado da mariña de guerra á devesa boial da parroquia, convocou a varios veciños, entre eles un carpinteiro, á acompañalo para o reconto do arboredo (carballo), marcando os que se podían cortar para leña por inservibles. Tamén fixo unha visita ós viveiros no lugar da Gargantada recomendando sementar o carballo albar (quercus robur).
Lugares e parroquias
[editar | editar a fonte]Lugares de Goián
[editar | editar a fonte]Lugares da parroquia de Goián no concello de Tomiño (Pontevedra) | |
---|---|
A Avenida de Ordóñez | A Avenida do Brasil | O Barrio de Triana | O Barrio Novo | A Calle | A Centinela | O Couto | Fontela | A Gándara | O Pazo | San Lourenzo | Soutelo | Tollo |
Parroquias de Tomiño
[editar | editar a fonte]Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Nomenclátor de Galicia. Busca directa (ed.). "Lugares da parroquia de Goián, Tomiño". Consultado o 18 de maio de 2023.
- ↑ IGE (ed.). "IGE - Nomenclátor estatístico de Galicia" (en galego). Consultado o 26 de febreiro de 2023.